Neste incerto comezo de século, ao carón da globalización que nos afecta a todos, creemos qu cómpre botar unha ollada ao que temos máis preto, ao que está máis relacionado coa nosa forma de ser e de sentir. Non se trata de pecharnos en nós mesmos, senón de coñecernos mellor e así poder facer o noso aporte para un mundo mellor. Unha visión global, divulgativa, lúdica, que sirva como referencia básica e que permita aos asistentes ao curso coñecer algúns dos diferentes aspectos que compoñen ese conxunto de experiencias que entendemos como cultura galega: historia, arquitectura, pintura, escultura, música, literatura, artes escénicas, etnoloxía e lingua.
A xeografía galega marcou a nosa evolución cultural, o feito de seren unha rexión xeográfica recoñecible, cunha situación atlántica, cun clima específico, e cunhas fronteiras naturais ben marcadas, conferiu a Galicia unha unidade cultural que se dá en moi poucos territorios europeos.
29.574 km² de superficie. 1.659 km de costa. 2.783.100 habitantes. Un 66% de bosque e 600 millóns de árbores. Son datos que nos falan do territorio. Mais, como nos consideramos? Unha comunidade autónoma? Unha nación? Unha cultura milenaria? Un invento da transición? Que nos une e que nos separa? Como nos vemos e como nos ven desde fora? Pode ser un bo debate para tratar nesta primeira clase. En todo caso, nos concordamos coa definición de Galicia como nación.[2] Á marxe da controversia que o termo poida suscitar, a nos non nos asusta definir a Galicia como unha entidade nacional, debido á súa personalidade histórica, cultural e xeográfica que marcan a existencia dun elemento diferencial galego.
Durante o curso, ademáis de comñecer diversos lugares sobranceiros, feitos históricos, obras senlleiras dos nosos literatos e artistas, etc. Trataremos de presentar a algúns personaxes que destacaron pola súa dedicación, estudios e defensa da cultura galega. Hoxe imos falar de don Domingo Fontán, pai da primeira imaxe "real" que conservamos de Galicia. Este prestixioso xeógrafo naceu en Portas (Pontevedra) en 1788 e morreu en 1866 en Cuntis. Fontán é un dos principais representantes da ilustración galega. Estudou na universidade de Santiago de Compostela (lembremos que Galicia conta con universidade desde o século XV) e dedicouse a recorrer Galicia desde 1817 a 1834, facendo a Carta Xeométrica de Galicia. Trátase do primeiro mapa topográfico e trigonométrico feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas. O mapa foi gravado en París dado gran tamaño da folla, en 1845.
O propio don Domingo recoñecía o grande esforzo feito para a realización deste mapa. Acerca da triangulación da provincia de Ourense, labor que fixo el só, dicía:
«La más ímproba de un trabajo en el que hemos empleado dieciseis años de una vida... Basta con decir que nuestras estaciones exceden de dos mil»[3]
Este mapa non ten parangón con ningún que se fixo ata a aparición da cartografía por satélite. O seu nivel de detalle é extraordinario, recollendo todos os accidentes xeográficos, as curvas do relevo e máis de 4000 parroquias, por exemplo.
Despois de facer o mapa, Fontán foi deputado polo Partido Liberal, participou na creación da primeira fábrica de papel de Galicia en Lousame (1863) e no proxecto do primeiro camiño de ferro galego entre Santiago e Carril (1858). Actualmente está soterrado no panteón de galegos ilustres, en San Domingos de Bonaval.
Moitos foron os alleos a Galicia que nos definiron e que falaron de nos Ben e mal. Dun xeito obxectivo ou facendo consideracións persoais. Facendo un estudio serio ou deixándose levar polos tópicos. Por exemplo, José Ortega y Gasset define Galicia como:
«Tierra pobre, habitada por almas rendidas, suspicaces y sin confianza en si mismas»[4]
Non todas as opinións foron tan negativas como as de Ortega, se ben desde a intelectualidade castelá pódese detectar unha tendencia a menosprezar a Galicia, quizais polas grandes diferenzas culturais e xeográficas que nos separaron historicamente. Gostamos máis opinións como as de Javier Rioyo no blog literairo El boomeran(g), que ao respecto da lingua galega afirma:
“Hermosa lengua para poetas, para narradores, para el pueblo y para el cantor. Hermosa lengua para todos. Envidia de no poder hablar la lengua de los gallegos, no poder expresar las cosas con esa música.”[5]
O mesmo Lorca foi quen de acuñar uns fermosos poemas en galego, amosando así un gran respecto e sensibilidade cara o noso pobo:
"Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida o sol.
Chove en Santiago
na noite escrura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Agoa da mañán anterga
trema no meu corazón."
En todo caso imos despedir a clase cun poema de Ramón Cabanillas, no que fai unha romántica demostración do orgullo de pertenza a esta terra. Serva pois como adianto para os contidos que iremos descubrindo as vindeiras semanas, e que desexamos que sexan do voso agrado:
Ceo branco do luar,
Ceo azul do medio día:
Son dous anacos de ceo
A bandeira de Galicia.
¡Galicia! Nai e Señora,
sempre garimosa e forte;
preto e lexos; onte, agora,
mañán... na vida e na morte!
¡Galicia! ¡A Galicia santa
de romeros e xuglares!
¡A historia que abrilanta
a tradición nos fogares!
¡A que suspende e namora
con inespricabre segredo
da gaita que rindo chora
e do alalá triste e ledo!
¡A que sabe as canturías
de Rodriguez do Padrón
e inda leva de Macías
a frecha no corazón!
A dos antigos mosteiros,
a dos pazos encantados,
a dos santos milagreiros
contra os entangarañados.
A das froitas valgadas,
a de barulleiro mar,
a das roibas alboradas
i as noitiñas de luar.
A dos toxos feridores,
a das rosas velaíñas,
a dos ventos berradores
i a das choivas miudiñas.
A do Sar maian oe tristeiro,
pazo de almas enloitadas,
i o Miño casamenteiro
de trasnos, meigas e fadas.
A dos seráns campesiños,
a dos brillantes orballos,
a dos queixumes dos pinos
i as risadas dos carballos.
O pobo doutras edás,
traballador e guerreiro:
o das hirtas Irmandás,
do Medulio e do Cebreiro !
¡Sempre Nai!, sempres eñora,
con leda ou cativa sorte;
preto e lexos; onte, agora,
mañán... na vida e na morte!
A facenda, o creto, a vida,
o fogar...¡Todo por ela!
Con Castela, ben querida;
aldraxada... ¡sin Castela!
¡Irmáns! ¡rubamos o cume
desatrancando o camiño,
e botemos man do lume
onde non chegue o fouciño!
¡Todo pra nosa Galicia,
froro de tódalas virtudes;
pra sedenta de xustiza,
ferida de escravitudes!
Namentras a ssangre vibre
en beizos e corazón...
¡a esperanza de vela libre
i este berro: ¡Redención!
¡Xuremos!
«Dereito ou torto,
sinmáis alcuño ni achego,
doente ou san, vvio ou morto
gallego... ¡soio gallego!
[1] Francisco javier Río Barja
[2] "nación s.f. Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa” (diccionario RAG)
[3] VVAA. Proxecto Galicia. Xeografía Xeral. 1994
[4] Recollido por Xesús Alonso Montero en Galicia vista por los no gallegos. Ed Jucar, Madrid, 1974 (p.21)
[5] http://www.elboomeran.com/blog-post/8/3872/javier-rioyo/lengua-de-pobres-y-de-poetas/
[6] Ramón Cabanillas, Da terra asoballada. 1926
thanks ,,,,,,,,,,,,,
ResponderEliminar